FINANZAS
SOLIDARIAS NOS CENTROS ESCOLARES
¿Por qué finanzas solidarias nos centros escolares?
Aquí
decidín poñer un estracto dunha noticia que encontrei:
"Cremos
que é necesario concienciar e educar ao alumnado na
reapropiación
da economía. Como diciamos, se todas e todos facemos economía, ten
sentido deixar que unha persoa descoñecida decida, por exemplo,
sobre que comida consumir en nosa propia casa ou como ordenar os
nosos armarios? Evidentemente non. Entón, por que deixamos que
algunhas persoas e corporacións que non actúan polo ben común,
promoven valores non democráticos e non se preocupan polo medio
ambiente e o futuro do noso planeta, determinen a xestión dos nosos
recursos? Nestes tempos de crises, púxose de manifesto que a
economía tradicional pon o seu foco principalmente no económico,
deixando no seu segundo plano o benestar das persoas. A Economía
Social e Solidaria trata de recuperar o espazo central que as persoas
deberían ter na xestión da satisfacción das propias necesidades,
poñendo á economía ao servizo das mesmas e non ao revés".
¿Qué se pretende con elas? (www.acpp.com)
O
que se pretende actualmente coas finanzas solidarias nos centros
escolares é que:
•
A
Comunidade educativa, e especialmente o profesorado, coñeza un
enfoque da actividade económica que ten en conta ás persoas, o
medio ambiente e o desenvolvemento sostible e sustentable.
•
O
profesorado adquira ferramentas para sensibilizar a toda a Comunidade
educativa, e especialmente ao alumnado, sobre os principios
universais que a Economía Solidaria e Social incorpora na sociedade
e as relacións entre toda a cidadanía: equidade, xustiza,
fraternidade económica, solidariedade social e democracia directa.
•
A
Comunidade Educativa estea motivada a participar activamente na
construción dun mundo máis xusto e solidario, defendendo os valores
de: xustiza social, solidariedade, liberdade e responsabilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario