CONTORNO FERROLTERRA
Ferrolterra ten unha superficie de 623,5 km cuadrados. As comarcas limítrofes son Eume con 538,7 km cuadrados e Ortegal, 392,1 km. Os concellos mais urbanos son Mugardos, Fene, Narón e Pontedeume.
Ferrolterra ten unha superficie de 623,5 km cuadrados. As comarcas limítrofes son Eume con 538,7 km cuadrados e Ortegal, 392,1 km. Os concellos mais urbanos son Mugardos, Fene, Narón e Pontedeume.
A Asociación de Empresarios Ferrolterra presentou as conclusións do Diagnóstico socioeconómico comparado de Ferrol e a súa área de influencia, resultado dun proxecto de colaboración entre a citada asociación empresarial, a Deputación da Coruña e a universidade coruñesa. Os dous trazos definitorios máis relevantes da dinámica socioeconómica de Ferrol nas últimas dúas décadas son o declive demográfico e o declive económico. Ambas as tendencias, lonxe de presentar un perfil cíclico, convertéronse en características estruturais deste municipio. Desde comezos do século XXI, Ferrol perdeu o 15 por cento da súa poboación total, o seu índice de actividade económica reduciuse un 24 por cento e o seu número total de empresas diminuíu un 5 por cento. A estrutura por idades da poboación de Ferrol presenta características preocupantes, cunha poboación envellecida e menores porcentaxes que a media galega tanto na poboación menor de 16 anos como na poboación en idade de traballar. Con estes datos a situación socioeconómica de Ferrol é obxectivamente preocupante. Pódese falar xa de dúas crise estrutural «xemelgas», a demográfica e a económica, claramente interrelacionadas e que se retroalimentan entre si.
Fronte a esta situación, o municipio veciño de Narón presentou unha dinámica compensadora en termos demográficos e económicos. En Narón a poboación aumentou un 34 por cento, cunha mellor estrutura por idades (máis poboación nova e en idade de traballar, e menos poboación envellecida, en termos relativos), o seu índice de actividade económica aumentou un 15 por cento e o seu número total de empresas creceu un 40 por cento. Que ofreceu Narón nas últimas décadas? Basicamente unha gran dispoñibilidade de chan industrial, posibilidades de desenvolvemento empresarial, accesibilidade á vivenda (é un dos municipios da zona de influencia de Ferrol con maior porcentaxe de vivendas principais) e unha rede de centros de servizos públicos e de centros comerciais case á vez que os de Ferrol. Os indicadores de desemprego e ocupación son mellores en Narón que en Ferrol, aínda que a renda por habitante segue sendo máis alta no municipio ferrolán. Parece claro que só a mellora da actividade económica en sectores con vantaxes comparativas e a creación de emprego nos devanditos sectores poden xerar un cambio de tendencia no declive demográfico de Ferrol e que a dinámica de Narón é un bo exemplo de desenvolvemento económico con fixación de poboación na comarca ferrolá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario