miércoles, 5 de febrero de 2020

FINANZAS SOLIDARIAS NOS CENTROS ESCOLARES

FINANZAS SOLIDARIAS NOS CENTROS ESCOLARES

¿Por qué finanzas solidarias nos centros escolares?
Aquí decidín poñer un estracto dunha noticia que encontrei:
"Cremos que é necesario concienciar e educar ao alumnado na  reapropiación da economía. Como diciamos, se todas e todos facemos economía, ten sentido deixar que unha persoa descoñecida decida, por exemplo, sobre que comida consumir en nosa propia casa ou como ordenar os nosos armarios? Evidentemente non. Entón, por que deixamos que algunhas persoas e corporacións que non actúan polo ben común, promoven valores non democráticos e non se preocupan polo medio ambiente e o futuro do noso planeta, determinen a xestión dos nosos recursos? Nestes tempos de crises, púxose de manifesto que a economía tradicional pon o seu foco principalmente no económico, deixando no seu segundo plano o benestar das persoas. A Economía Social e Solidaria trata de recuperar o espazo central que as persoas deberían ter na xestión da satisfacción das propias necesidades, poñendo á economía ao servizo das mesmas e non ao revés".


¿Qué se pretende con elas? (www.acpp.com)
O que se pretende actualmente coas finanzas solidarias nos centros escolares é que:
A Comunidade educativa, e especialmente o profesorado, coñeza un enfoque da actividade económica que ten en conta ás persoas, o medio ambiente e o desenvolvemento sostible e sustentable.
O profesorado adquira ferramentas para sensibilizar a toda a Comunidade educativa, e especialmente ao alumnado, sobre os principios universais que a Economía Solidaria e Social incorpora na sociedade e as relacións entre toda a cidadanía: equidade, xustiza, fraternidade económica, solidariedade social e democracia directa.
 • A Comunidade Educativa estea motivada a participar activamente na construción dun mundo máis xusto e solidario, defendendo os valores de: xustiza social, solidariedade, liberdade e responsabilidade.


DAFO

DAFO Boa forma de coñecer o noso negocio é un DAFO, aquí deixo o noso: